Cambre, venres 15 agosto 2014

XV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBRE. Circuíto de carreiras populares Deputación da Coruña

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
Inscrición finalizada Total: 0 inscritos
Organiza Concello de Cambre e Federación Galega de Atletismo. Esta carreira está integrada dentro das 18 carreiras do II Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2014.

HORARIO DAS SAÍDAS:
  • 10:30 h: Mini
  • 10:40 h: Benxamín
  • 10:50 h: Alevín
  • 11:00 h: Infantil, Cadete, Xuveníl
  • 11:10 h: Resto das categorías (Xunior, Promesa, Seniors, Veteranos).
LUGAR DE SAÍDA: Polideportivo Municipal de Cambre, Sofía Toro(detrás do Concello) 

CATEGORÍAS (MASCULINAS E FEMININAS):
  • Mini : Nados no 2007 e posteriores anos.
  • Benxamín: Nados anos 2005 e 2006. 
  • Alevín: Nados anos 2003 e 2004 . 
  • Infantil: Nados anos 2001 e 2002. 
  • Cadete: Nados anos 2000 e 1999. 
  • Xuvenil: Nados anos 1997 e 1998. 
  • Xunior: Nados anos 1995 e 1996. 
  • Promesa: Nados entre 1992,1993 e 1994. 
  • Senior: . Nados entre 1991 ata veterano. 
  • Veteranos 1: Entre 35 y 40 anos. • Veteranos 2: Entre 41 e 49 anos 
  • Veteranos 3: Entre 50 e 59 anos.
  • Veteranos 4: 60 e maiores. 
MOI IMPORTANTE:
A data tope de recepción de inscricións será o mércores, 13 de agosto, ás 20:00 horas. 
Non se admitirá baixo ningún concepto ninguna inscrición posterior á devadita data, nin por suposto o mesmo día da competición. 

RECOLLIDA DE DORSAIS:
O mesmo día da carreira , no propio Pabillon Sofía Toro, daranse os dorsais entre as 9:15 h e as 10:30 h. Recoméndase chegar con tempo suficiente para evitar colas de ultima hora. Importante: O dorsal ten adherido a parte traseira o chip de control, e moi importante no manipular a pegatina que o cubre.

TROFEOS E PREMIOS:
  • Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
  •  Trofeo ao corredor/a de menor idade que termine a proba
  • Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a de o Concello de Cambre, ben que resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ounacemento en Cambre.