Corcubión, sábado 17 setembro 2016

XV CARREIRA PEDESTRE VILA DE CORCUBIÓN. III CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE. IV CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL A CORUÑA

O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos)