Inscricións: ata o martes 6 de decembro ou ata compretar as prazas. As inscricións dos Pitufos faranse o día da proba.
Horarios:
10:30 horas: saída carreira escolares
11:00 horas: entrega de trofeos ós escolares
11:30 horas: saída carreira adultos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 Ágape para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos
- A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920
- A recollida de dorsais efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.
Premios
- 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material deportivo (Non acumulativos).
- Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
- Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira escolar e a carreira de adultos .
- 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
- Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
- Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal, unha noite de hotel con cea para dúas persoas, sesións de fisioterapia, etc.
- Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas
A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba. Haberá servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá gardarroupa.