Vilagarcía, sábado 21 xullo 2018

XV CARREIRA NOCTURNA CONCELLO DE VILAGARCÍA

A Fundación de Deportes organiza a XV Carreira nocturna Concello de Vilagarcía o sábado 21 de xullo do 2018; Baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.

Poderán participar na proba todas aquelas persoas que o desexen, tanto atletas federados como non federados.

Inscricións: a partir do 18 de xuño ata as 22:00h do 19 de xullo.

Retirada de dorsais: realizarase o mesmo día da proba dende as 18:00 horas ata 45 minutos antes de cada proba por categoría, na secretaría da organización.