A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar no XLIV Trofeo de Campo a Través que se celebrará o vindeiro día 19 de Decembro de 2.021 a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia.
As carreiras cumprirán en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.