Padrón, sábado 08 abril 2023

XLII CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRÓN

DATA: 8 DE ABRIL DE 2023

HORA: A PARTIR DAS 10:45 h

LUGAR: PADRÓN (PRAZA DE MACÍAS)

DISTANCIA: DE 100 m A 13.300 m

ORGANIZA: CONCELLO DE PADRÓN

PARTICIPACIÓN: Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

INSCRICIÓNS E PRAZOS: O prazo de inscrición dos participantes pecharase o mércores 5 de abril ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo indicado.

DORSAIS e CHIPS: A recollida de dorsais realizarase o día da carreira nunha carpa situada no Paseo do Espolón a partir das 09:45 h e ata media hora antes do inicio de cada proba.