SEGUIMENTO GPS
LISTAXE DE DORSAIS MM PONTEVEDRA
LISTAXE DE DORSAIS 10K
LISTAXE DE DORSAIS MENORES
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan o domingo 16 de outubro de 2022, a partir das 10:40 h o “XL Gran Fondo - XXVII Medio Maratón – III 10K Pontevedra 2022” nun circuíto homologado. Esta edición será Campionato de Galicia de Medio Maratón.
CARREIRAS DE MENORES (REGULAMENTO)
- 10:20h. “Cativos” – nados no ano 2016 e posteriores – 250 m. – dentro da pista de atletismo do CGTD. Os participantes poderán ser acompañados por unha persoa adulta.
- 10:45h. “Mini Gran Fondo” – nados entre o 2015 e 2005 – 750 m. Saída dende a ponte dos tirantes e entrada á pista de atletismo
MMP E 10KM (REGULAMENTO)
Poderán participar todas aquelas persoas con 18 anos (o día da proba) ou máis, que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización. A carreira desenvolverase en dúas fases diferenciadas dun máximo de 600 participantes no 10 K. e de 1400 no medio maratón. A organización resérvase 20 prazas a para deportistas convidados/as.
Entrega de dorsais con chip integrado:
- Do 13/X ao 15/X. (En horario de tenda) Tenda Miler na rúa Peregrina 6 (soto) Pontevedra
- O día 16/X de 8 a 10:30 a.m. Só deportistas de fóra de Pontevedra no Pavillón Universitario de Pontevedra