Padrón, sábado 20 abril 2019

XL CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRÓN

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 
 
INSCRICIÓNS:  Ata o mércores 17 de abril ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo indicado. 
 RECOLLIDA DE DORSAIS e CHIPS:  O día da carreira nunha carpa situada no Paseo do Espolón a partir das 09:45h e ata media hora antes do inicio de cada proba.
SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES 
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos: - Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar  e Pavillón do Souto. Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de meta. Horario: 10:30h a 13:30h. - Obsequio a todos/as participantes - Avituallamento intermedio (km 5,5 aprox.) e en liña de meta. - Servizo de cronometraxe por chip (emesports). - Sinalización kilométrica. - Servizo de gardaroupa. - Fotografía profesional. - Servizo de ambulancia, médico e sanitario.  - Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento. - Servizo de masaxes (Escola Europea Parasanitaria).