O Concello de Negreira organiza a XL edición da súa carreira popular o domingo 10 de novembro de 2019 a partir das 10 horas na rúa de Castelao (Negreira) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e da RFEA. Esta carreira é unha proba oficial da RFEA e da RFGA con distancia homologada en 10 K e 5 K e está integrada dentro do VII Circuíto de Carreiras Populares de Deputación de A Coruña
A proba absoluta da XL CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA - A CLÁSICA realizarase sobre un circuíto de 10 K (homologados) e haberá outra proba de 5 K (homologados). O deseño do trazado fai que a carreira sexa moi vistosa para o público ademáis de rápida e amena para o participante. En canto aos circuítos das carreiras de menores desenvolveranse nas inmediacións da rúa Castelao e centro do casco urbán, sendo unha das probas con máis participantes escolares de Galicia.
INSCRICIÓN: Ata o mércores 6 de novembro de 2019 ás 23:59h. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Poderase coller o día antes da proba nas tendas de Deportes Breogán (dorsais escolares) e Garsport (dorsais adultos).
O día da Carreira poderanse coller dorsais a partir das 8:00 h na zona de entrega de dorsais (Pavillón CEIP O Coto)
SERVIZOS:
- Caixóns de saída por marcas ( dorsais por cores ).
- 3 globos ( lebres ) -40´ - 45´ -50´ (Carreira 10 K.)
- Servicio de cronometraxe por chips - Emesports
- Bolsa do corredor ( bolsa, camiseta técnica, batido,pastel,bebida isotónica).
- Fotografía profesional.
- Servizo de gardaroupa.
- Servizo de gardería.
- Servizo de duchas ( autobús dende a liña de Saída/Meta )
- Avituallamentos líquidos ( Km. 3,5 e 8,5 ) e en META ( froita , etc...)
- Avituallamento en Meta : Bolsa do corredor , froita e auga.
- Kilómetros marcados.
- Haberá un avituallamento líquido na liña de meta para tódolos participantes e para os da carreira absoluta haberá dous avituallamentos líquidos situados nun punto intermedio do circuíto.
PREMIOS:
PREMIOS ABSOLUTA (Mesma cantidade tanto homes como mulleres)
- 1 - 900 €
- 2 - 500 €
- 3 - 300 €
- 4 - 200 €
- 5 - 100 €
- 6- Gran Trofeo
ATLETAS GALEGOS * Deben ser atletas nacidos en Galicia ( acumulable ). Mesma cantidade tanto homes como mulleres
- 1 - 200 €
- 2 - 100 €
- 3- 50 €
ATLETAS LOCAIS
- 1 - 100 €
- 2 - 50 €
- 3 - 40 €
* Cada atleta só poderá optar a un premio, sempre o de maior cuantía
EQUIPOS FEDERADOS
- 1º - 400 €
- 2º - 200 €
- 3º - 100 €
• Outorgaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como masculina, agás nas categorías ESCOLARES dende cadetes.
• Todos os participantes das categorías ESCOLARES ata cadetes recibirán unha medaia conmemorativa.
• Todos os participantes que consigan rematar a proba recibirán unha BOLSA DE CORREDOR agasallo da organización como recordo da súa participación.