Padrón, sábado 05 febreiro 2022

XIX PADRÓN 10K

Data: sábado, 5 de febreiro de 2022.
Hora: a partir das 16:00h.
Lugar: Padrón (Campo do Souto).
Distancia: de 100 m a 10 km homologados pola RFEA.
Organiza: Concello de Padrón.

PARTICIPACIÓN: Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
DORSAIS e CHIPS: A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.
QUENDAS DE SAÍDA: As quendas de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polos participantes na inscrición. Os agrupamentos e número de quendas estableceranse en función das limitacións que existan nese momento para cumprir coas normas sanitarias e de seguridade vixentes, que seguirán o protocolo FÍSICO-DXT GALEGO marcado para na data da celebración da proba . As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo a quenda e hora de saída que se lles asigne. 

Esta edición cumprirá en todo momento coa normativa establecida para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19,
partindo do protocolo FÍSICO-DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte vixente na data de celebración da proba, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, o Concello de Padrón e a Federación Galega de Atletismo, por causas de forza maior, reservarase o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios, previo acordo entre ambas partes, e que serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o seu coñecemento.
No caso de que as autoridades competentes así o prescriban, cada participante na retirada do dorsal, deberá achegar un certificado de vacinación ou aportar unha proba PCR ou test de antíxenos negativa certificada por farmacia ou servizo médico cun prazo máximo de 72 horas antes do inicio da proba, sendo válidos aqueles certificados coa data do 2,3,4 ou 5 de febreiro. Sen a devandita documentación o dorsal non será entregado e a participación na carreira non será posible.
Unha mesma persoa poderá recoller varios dorsais, sempre que conte coa autorización dos atletas, mostrando os certificados mencionados anteriormente.