Betanzos, domingo 11 agosto 2019

XIX CARREIRA POPULAR DE BETANZOS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
5KM 194 inscritos 10:30 5 km 09/08/2019 5,00 plazas
SUB 18 E SUB 16 8 inscritos 11:30 2 km 09/08/2019 0,00 plazas
SUB 10, SUB 12 E SUB 14 68 inscritos 11:45 1 km 09/08/2019 0,00 plazas
PITUFOS 30 inscritos 12:00 0,15 km 09/08/2019 0,00 plazas
CHUPETES 20 inscritos 12:00 0,15 km 09/08/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 320 inscritos
As probas disputaranse na localidade de Betanzos. A saída e chegada da proba farase na praza da Constitución. O circuíto estará debidamente sinalizado.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Inscricións: Ata o venres 9 ás 1:00h  (prazo ampliado). Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.
Retirada de dorsais: Retiraranse na caseta situada a carón da saída ata media hora antes do inicio da proba.
Premios:
  • Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos, da categoría absoluta, de (Sub 20) júnior a veterán.
  • Trofeo para os vencedores na categoría absoluta masculina e feminina.
  • Medallas para todos os nenos e nenas das categorías menores, de chupetes a xuvenil.
  • Todos e todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
Servizos: Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos/as participantes no Pavillón Municipal do Carregal.