Ames, domingo 21 outubro 2018

XIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo, o domingo 21 de outubro a décimo novena edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba pertence ao VI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN. 
 
As probas disputaranse o domingo, 21 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo. 
 
  • Inscricións: O prazo rematará o mércores 17 de outubro ás 23:59 horas. 
  • Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 20 de outubro) en horario de 17:00 a 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. PARA NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR ESTABLECIDO.
  • Servizo de duchas no pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns.