A Coruña, domingo 03 outubro 2021

XV CARREIRA POPULAR CORUÑA 10

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 10KM 1456 inscritos 00:00 10 km 19/09/2021 6,00 1400 plazas
23/09/2021 10,00
26/09/2021 20,00
Inscrición finalizada Total: 1456 inscritos



O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 3 de outubro de 2021 na Coruña a XIV Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano. 

Esta edición cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

  • As quendas de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polos participantes na inscrición. As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo a quenda e hora de saída que se lles asigne. No caso de que o/a participante non estea presente na hora asignada, perderá o dereito de participación na proba. 
  • Comunicámoslles que, excepcionalmente, todas aquelas persoas participantes que non puidesen realizar ata hoxe o test de antíxenos, poderán facelo de balde o mesmo día da carreira, domingo 3 de outubro, na zona de saída, no paseo do Parrote desde as 08:15h.Lembra acudir coa suficiente antelación á saída da túa quenda.
  •  Asímesmo, o día da carreira, a retirada do dorsal poderase facer ata media hora antes da hora fixada para a presaída nas carpas situadas no Parrote para tal efecto. Debes