Boiro, domingo 03 decembro 2017

XIII MAR DE BOIRO - MEMORIAL PEPE BUCETA. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

A proba está incluída noCalendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
  • V Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
  • Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Riveira.
Organiza: Departamento de Deportes. Concello de Boiro.
Patrocina: Concello de Boiro.
Inscricións: Aceptaranse inscricións ata o xoves 30 de novembro
Recollida de dorsais:  Na carpa que a organización terá na Praza de Galicia (fronte ao edificio do concello), a partir das 09:00 h. e ata as 10:15 h. Aquí estarán situados tamén os boxes, avituallamento e a zona de entrega de trofeos. Ao lado da praza estarán situadas tamén a liña de saída e chegada.
Premios:
  • Trofeos para os 3 primeiros clasificados en tódalas categorías, excepto para a carreira Mini e Supermini.
  • Agasallo aos 3 primeiros corredores de Boiro (nacidos-aportar DNI- ou empadroados actualmente-comprobado pola organización) da categoría xeral, masculino e feminino.
  • Agasallo aos 500 primeiros corredores da categoría xeral que se inscriban na proba.
  • Medallas para todos os participantes das carreiras curta, Mini e Supermini.