XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL
- ORGANIZAN: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de Atletismo
- LUGAR: Acreditacións e meta no Pavillón polideportivo do Cristo concello de Mugardos.
- DISTANCIA A PERCORRER: 10 km.(non homologados)
- IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
- CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité galego de xuíces. Farase unha clasificación xeral única.
- INSCRICIÓNS: Límite de 500 prazas. Ate as 23:59 do 27 de decembro.
- RETIRADA DE DORSAIS: No mesmo Pavillón polideportivo do Cristo de 9:00 a 10:45 o día da proba.
- PERCORRIDO: Mugardos-Ares-Mugardos.
Ás 10’50 horas concentración previa a saída da proba na Avenida de Galicia diante do Concello de Mugardos, dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, rúa Contramaestre Casado, rúa Alexandre Bóveda, rúa Ferrol, rúa Catroventos, avd. do Mar, avd. de Galicia, rúa do Mercado, rúa Apelón, rúa Castelao, avenida de Galicia, logo rúa dos Corzás dirección Ares (AC130), entrase na vila de Ares pola avd. de Mugardos ate o Paseo marítimo onde se xira á esquerda, neste punto haberá un avituallamento líquido, séguese o paseo marítimo ate que se chega á avd. Saavedra Meneses que se percorre ate o cruce da rúa Federico García Expósito onde se xira á esquerda cara esta rúa. Ao rematar a Rúa Federico García Expósito acadamos de novo a Avd de Mugardos dirección Mugardos pola AC-130 ate o cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entra á rúa do Cristo para rematar a proba fronte ao Polideportivo municipal de Mugardos.
Tempo máximo de control da chegada 65’ logo da saída.
Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.