Boiro, domingo 04 decembro 2016

XII MAR DE BOIRO - MEMORIAL PEPE BUCETA. IV CIRCUÍTO CARREIRAS POPULARES DEP. PROVINCIAL A CORUÑA. I CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE

Organiza: Departamento de Deportes. Concello de Boiro.     Casa da Cultura “Ramón Martínez López” (parque da Cachada).     
Patrocina: Concello de Boiro. 
Inscricións: Ata o xoves 1 de decembro. O día da proba, só se farán modificacións ou rectificacións das inscricións. 
Recollida de dorsais: Na carpa que a organización terá na Praza de Galicia (fronte ao Chips, saída, boxes e edificio do concello), a partir das 09:00 h. e ata as 10:15 h. meta:    Aquí estarán situados tamén os boxes, avituallamento e a zona de entrega de trofeos. Ao lado da praza estarán situadas tamén a liña de saída e chegada. 
 
Premios:
  • Trofeos para os 3 primeiros clasificados en tódalas categorías, excepto para a carreira Mini e Supermini.
  • Agasallo aos 3 primeiros corredores de Boiro (nacidos-aportar DNI- ou empadroados actualmente-comprobado pola organización) da categoría xeral, masculino e feminino.
  • Agasallo aos 500 primeiros corredores da categoría xeral que se inscriban na proba.
  • Medallas para todos os participantes das carreiras curta, Mini e Supermini.
  • Non haberá premios económicos.