O Concello de O Corgo organiza a XII Carreira Popular Concello de O Corgo-Memorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río A proba organizarase o vindeiro Sábado 16 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello de O Corgo.
Participación: A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Inscrición: ata o mércores 13 de outubro ás 23:59 horas.
Retirada de Dorsais: o venres pola tarde e o sábado pola mañá na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga e o día da proba pola tarde na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45’ antes da saída da proba.
Para a recollida do dorsal será imprescindible a entrega da Declaración Responsable COVID19
Premios:
- Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
- PREMIOS EN METÁLICO HOMES E MULLERES:
Primeiro: 150 €
Segundo: 100 €
Terceiro: 75 €
- Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
- Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
- Na categoría de PROMOCIÓN darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
- Entregarase un trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller de cada categoría empadroado no Concello do Corgo.
- A entrega de premios será na zona de meta. A cerimonia de premiación das carreiras de menores serán ás 18.00h. A cerimonia das carreiras de adultos será ás 19.00h.
Servizos para os participantes: Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Camiseta para todos os participantes.
4. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
5. Vestiarios e duchas (segundo normtaiva vixente AntiCOVID19) nas instalacións da praia fluvial.
6. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
7. Avituallamento líquido no km 5 para a carreira de adultos.
8. Ambulancia con médico
A Carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 9 de xuño de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.