O Concello de O Pino celebra a décimo segunda edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 3 de maio de 2015 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES
- PITUFO: atletas nados en 2011 e posteriores
- PREBENXAMIN: atletas nados en 2008, 2009 e 2010
- BENXAMIN: atletas nados en 2006 e 2007
- ALEVIN: atletas nados en 2004 e 2005
- INFANTIL: atletas nados en 2002 e 2003
- CADETE: atletas nados en 2000 e 2001
- XUVENIL: atletas nados en 1998 e 1999
- JUNIOR: atletas nados en 1996 e 1997
- PROMESA: atletas nados en 1993, 1994, 1995
- SENIOR: atletas nados entre 1981 e 1992
- VETERANOS/AS 1: atletas nados/as entre 1975 e 1980
- VETERANOS/AS 2: atletas nados/as entre 1966 e 1974
- VETERANOS/AS 3: atletas nados/as entre 1956 e 1965
- VETERANAS/AS 4: atletas nados/as en 1955 e anteriores
- CANICROSS (Anexo)
DISTANCIAS E HORARIOS:
- 10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m (1 volta ó circuito alternativo)
- 10:45 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERÁNS 8100 m (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
- 11:35 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m (1 Volta Grande)
- 12:00 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m (1 Volta Mediana)
- 12:15 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m (1 Volta Pequena)
- 12:25 h PREBENXAMIN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
- 12:30 h PITUFO 300 m (1 volta ó circuito pitufo)
- 13:00 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA PLANO DAS PROBAS
INSCRICIÓNS: ata o mércores 29 de abril do 2015 ás 22:00 NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
INSCRICIÓN POR CLUBES: Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.carreirasgalegas.com e remitir un correo electrónico a dirección deportes@concellodeopino.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS.
- Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal con prazo - límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal (fronte a SECRETARIA DE COMPETICIÓN), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.
PREMIOS
- Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS).
- Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
- Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.
- Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
- Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
- Agasallo e bebida para todos os participantes.
- Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a xuveniles).
- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.
PREMIOS EN METÁLICO (Só para a Carreira JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 200 € 1º Clube federado femenino: 200 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 75 € 3º Clube federado femenino: 75 €
A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos. SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.