Ares - Mugardos, sábado 31 decembro 2016

XII CARREIRA DE FIN DE ANO 2016 ARES-MUGARDOS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 478 inscritos 11:00 10 km 27/12/2016 3,00 500 plazas
Inscrición finalizada Total: 478 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

  • HORARIO: Saída ás 11 da mañá.
  • LUGAR: Avda de Mugardos  no concello de Ares.
  • DISTANCIA A PERCORRER:  10 km (non homologados)
  • IDADE: Ter cumpridos 14 anos na data da proba.
  • CLASIFICACIÓN: A  clasificación e a cronometraxe será por chip e realizada por xuíces da Delegación ferrolá  da FGA.
  • INSCRICIÓNS: Límite de 500 prazas. Ate o 27 de decembro na páxina carreirasgalegas.com

Retiradada de dorsais e agasallo no mesmo Pavillón polideportivo de Ares  de 8,30 a 10,30 o día da proba.

  •  PERCORRIDO: Ares-Mugardos-Ares. Según rutómetro que segue.

Ás 11 horas concentración previa a saída da proba enfronte á pista exterior do colexio público de Ares, na Avda. Celso E. Ferreiro. Saída, dirixíndose rúa abaixo 50m. ata intersección ca Avda de Mugardos. Dirección  paseo marítimo da vila de Ares, a través da Avda. de Mugardos, a partires de eiquí a proba discurrirá polo Paseo Marítimo da vila, xirando á esquerda ata Parque Rosalía, dende alí cruzará á Rúa do Mazote pola que seguirá ata entrar na AC130  en dirección a Mugardos pasando polo Alto de Simou, Avda. Francisco Yáñez Badía, ata a intersección no Cruce dos Catro Camiños, onde seguirá de fronte cara abaixo pola Rúa Os Corzás, ata a intersección ca Avda. de Mugardos, por onde seguirá tras xirar a esquerda e pasando pola Casa do Concello de Mugardos, ata a intersección ca rúa do Peteiro por onde seguirá ata a zona das Mareas, xirando nesa altura á esquerda para continuar pola Rúa do Cristo pasando pola altura do Instituto, cruce do cemiterio e pavillón deportivo municipal, ata chegar á zona dos Catro Camiños, onde xirará a dereita para continuar pola de novo pola Francisco Yáñez Badía e AC130 dirección a Ares, xa alí entrada pola  Avda de Mugardos e pequena subida ata a meta enfronte á pista exterior do colexio públicode Ares. 

Chegada e fin da proba, sendo as 12 horas. Avituallamento sólido-líquido.

O tempo estimado da proba é de entre 32 min. ( o mellor dos tempos agardados) e 1 hora.  

Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participarán no sorteo de cestas do Nadal.