XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSA (Aquí)
A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o sábado día 13 de agosto do 2022 a XI Nigrán Area, Carreira pola Praia, que dará comezo ás 10:00 h.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
LUGAR DE SAIDA DO PERCORRIDO: Os circuítos discorrerán entre o peirao de Panxón e Praia América, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.
INSCRICIÓNS: O prazo remata o martes día 9 de agosto ás 23:59 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscripcións.
RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsais , serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no CLUB MARÍTIMO DE PANXÓN, situado na Praza José Moginmes Nº14 de Nigrán en horario de 16:30 a 20:30 horas e o mesmo día da proba no mesmo lugar, a partir das 08:30 horas da mañá, e ata 30 min. antes da celebración da carreira.
SERVIZOS:
- Avituallamento o fin da carreira.
- Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
- A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes. A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos par-ticipantes desta carreira.
- Servizo de duchas no Pavillón de Panxón.
- Non haberá servizo de gardarroupa.