A Coruña, domingo 17 febreiro 2019

XI MEDIO MARATÓN CORUÑA 21

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MASTER 1698 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
SENIOR 399 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
SUB 23 13 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
SUB 20 3 inscritos 10:00 21,1 km 03/02/2019 15,00 plazas
10/02/2019 25,00
Inscrición finalizada Total: 2113 inscritos

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 17 de febreiro de 2019 o XI Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros.  
 
HORARIO: A saída da carreira terá lugar ás 10:00 horas.  

CIRCUÍTO: O percorrido está situado no centro urbano da cidade da Coruña. O circuíto está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). 
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: A carreira estará controlada polos xuíces da Real Federación Española de Atletismo e da Federación Galega de Atletismo a través do seu Comité Galego de Xuíces. 
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City o venres día 15 en horario de 17:00 a 21.30 horas e o sábado día 16 de 10:00 a 21:30 horas.
  • Tamén se poderán recoller os dorsais o propio día da carreira na zona de saída/meta no Obelisco, ata unha hora antes da saída (de 8:30 a 9:45 horas). Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.

INSCRICIÓNS CON BONIFCACIÓN: 50 % para persoas maiores de 65 anos, posuidores/as do carné xove e desempregados/as. Para acreditar estas circunstancias, é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción “solicito bonificación”, no formulario de inscrición online ou na folla de inscrición presencial e enviarlle os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@carreirasgalegas.com 
  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
  • Posuidores/as do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira, ou unha fotocopia da tarxeta de desemprego.

O prazo para enviar os documentos por correo electrónico remata ás 23:59 h do 3 de febreiro do 2019 a info@carreirasgalegas.com