A Coruña, sábado 18 marzo 2023

XI CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES #Querémonos vivas. CIRCUÍTO CORUÑA CORRE

Inscricións: A data límite será ata as 23.59 horas do domingo 12 de marzo de 2023. 

Lugar e recollida de dorsais: Frontón Curto da Cidade Deportiva da Torre Paseo Alcalde Francisco Vázquez. 15003 A Coruña 

  • Venres 17 de marzo, das 17.00 ás 21.30 horas
  • Sábado 18 de marzo, desde as 10.00 horas ata media hora antes do comezo de cada unha das carreiras.

Lugar de saída e meta:

  • Saída: Paseo dos Menhires (zona da estatua de Breogán)
  • Meta: Torre de Hércules

Peche de control da carreira absoluta Ás 21.00 horas

Servizo de duchas: Na Cidade Deportiva da Torre. O servizo de duchas e vestiario será só para as persoas participantes na categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 19.30 h.

Servizo de gardarroupa: No frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario de 19.00 a 21.45 h