Tordoia, sábado 09 outubro 2021

XI CARREIRA POPULAR PEDESTRE "TORDOIA IN ESSENCE" 2021

A área de Deportes do Concello de Tordoia co control técnico da Federación Galega de Atletismo, organizan a Carreira Popular Pedestre “Tordoia in Essence” e a Andaina Popular 2021, o sábado 9 de outubro (sábado de tarde) a partir das 16:30 horas.
Ofertanse dúas probas distintas para dar resposta á demanda existente: unha competitiva, como é a carreira a pé, e outra máis enfocada car o ocio e disfrute como e a andaina. O percorrido da carreira e da andaina será o mesmo.

A proba estará suxeita ao protocolo fisiocovid-19 vixente na data de celebración da mesma.