O Concello de Xermade organiza a XI Carreira Popular de Xermade. A proba organizaráse o Sábado 8 de Outubro de 2022 ás 17:15 horas, con saída e meta na Praza do Concello.
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou nacionalidade.
Inscrición: O prazo de inscrición pecharase o martes 4 de outubro as 23:59h.
Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse de forma anticipada o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola tarde na praza do Concello, ata 30’ antes da saída de cada proba.
Premios:
- Todos os participantes na proba absoluta recibirán un agasallo conmemorativo.
- Na categoría dende Pitufos ata Infantil os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
- Non se farán clasificacións nas carreiras de Pitufos e Promoción.
- Nas categorías Alevín ata Máster-C: trofeo para os tres primeiros de cada categoria e sexo.
- A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 18:50h. (no caso de que o tempo non o permita será dende o pabellón polideportivo)