A Coruña, domingo 08 outubro 2017

XI CARREIRA POPULAR CORUÑA 10

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 3289 inscritos 10:00 10 km 24/09/2017 5,00 plazas
01/10/2017 8,00
XUVENIL 126 inscritos 11:30 2,6 km 01/10/2017 0,00 plazas
CADETE 176 inscritos 11:50 2,6 km 01/10/2017 0,00 plazas
INFANTIL FEMININO 94 inscritos 12:10 1,6 km 01/10/2017 0,00 plazas
INFANTIL MASCULINO 84 inscritos 12:20 1,6 km 01/10/2017 0,00 plazas
ALEVÍN FEMININO 105 inscritos 12:30 0,8 km 01/10/2017 0,00 plazas
ALEVÍN MASCULINO 103 inscritos 12:35 0,8 km 01/10/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN FEMININO 86 inscritos 12:40 0,8 km 01/10/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN MASCULINO 94 inscritos 12:45 0,8 km 01/10/2017 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 280 inscritos 12:45 0,15 km 01/10/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 4437 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

SEGUIMENTO GPS DA CARREIRA 10KM

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 8 de outubro de 2017 na Coruña a XI Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.

  • A proba realizarase sobre a distancia de 10 Km. O percorrido está medido e homologado pola RFEA.

CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA. 

INSCRICIÓN: ata as 23.59 horas do 1 de outubro de 2017. 

ENTREGA DE DORSAIS:

  • O Venres 6 de outubro de 17:00 a 21:30 h.
  • O Sábado 7 de outubro de 10:00 a 21:30 h.

Lugar: 2ª planta do Corte Inglés de Marineda City. (Deportes)

De forma extraordinaria para todos aqueles atletas que viaxen o día da carreira ou residen en localidades afastadas tamén se establecerá unha zona de recollida de dorsais o mesmo domingo día 8, que estará situada nas inmediacións de saída, no Palacio dos Deportes de Riazor. O horario será de 08.30 a 09.30 horas, e non se entregará ningún dorsal fose destes prazos. Tamén estará dispoñible esta opción, para as categorías de menores, o domingo día 8, ata unha hora antes de cada unha das saídas de cada carreira.

AVITUALLAMENTOS: Establecerase un punto de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta para favorecer a hidratación dos/as participantes. 

SERVIZOS, DUCHAS E GARDARROUPA: Estará dispoñible o servizo de duchas ao finalizar a carreira no Palacio de Deportes de Riazor.