Pobra do Caramiñal, domingo 25 agosto 2019

XI CARREIRA POPULAR CONCELLO A POBRA DO CARAMIÑAL. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O domingo 25 de agosto terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a 11ª edición da Carrreira popular deste Concello, que será á súa vez a 1ª proba do Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2019. Esta proba pertence tamén ao VII Circuito provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo.

INSCRICIÓN: O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 22 de agosto ás 14 horas.

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Maior da Pobra do Caramiñal ata MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.

SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS.

  • A saída das probas estará ubicada na rúa da Paz. A meta estará ubicada no interior da Praza Maior da Pobra.
  • A categoría Sub 12 e Sub 14, sairán conxuntamente coa categoría absoluta e terán a súa liña de saída 80 m. máis atrás da liña de saída principal. Entrarán na meta no primeiro paso por esta.
  • A categoría “Sapatilla inclusiva” sairán conxuntamente coa categoría absoluta e terán a súa liña de saída 80 m. máis atrás da liña de saída principal. Entrarán na meta ó completar a 1ª volta (5.400m.)
  • A categoría Sub 16 sairá conxuntamente coa categoría absoluta e entrarán na meta ó completar unha volta ó circuíto (5.400m.)
  • As categorías SUB 18 – SUB 20 – SUB 23 – SENIOR – MÁSTER 1, 2, 3 e 4, realizarán a saída na rúa da Paz e entrarán na meta situada na Praza Maior ó completar dúas voltas ó circuíto (10.000m. aprox.).

PREMIOS E AGASALLOS

  • Trofeos aos/as tres primeiras/os clasificadas/os por categoría (agás na categoría Chupete que non haberá premiación).
  • Premios en metálico e agasallos as/os cinco primeiros/as clasificados da xeral absoluta.
  • Medalla para todas/os participantes de Chupete a Sub 10.
  • Camiseta técnica para os participantes na proba absoluta (10 km aprox.).

REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA