O 16 de abril de 2023 celébrase a XI Carreira Pedestre Concello de Vimianzo na localidade soneirán.
Será a segunda proba do VIII Circuíto Correndo pola Costa da Morte e está incluída no calendario oficial das competicións da FGA.
INSCRICIÓN: Ata as 23:59h do 11 de abril de 2023. Non serán aceptadas inscricións fóra de prazo.
ENTREGA DE DORSAIS: O día da competición a partir das 9:00 na Casa do Concello.
ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA: Haberá servizo de gardarroupa, duchas e aseos.
- Gardarroupa: na Casa do Concello
- Duchas e aseos: Pavillón polideportivo de Vimianzo.
HORARIOS:
- 10:30 Proba 3K Contra o Cancro
- 10:32 Proba 3K Sub14, Sub16 e Sub18
- 11:00 Proba Sub12
- 11:15 Proba Sub10
- 12:00 Proba 10K (Circuíto homologado)
- 13:30 Proba Pitufos