O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2020 e anteriores). As posibilidades de participación son fundamentalmente, tanto en sénior como en categorías base (agás Pitufo) dúas:
Corredores de Carreira
Corredores de Circuíto