Mugardos, domingo 27 decembro 2015

XI CARREIRA DE FIN DE ANO 2015 Mugardos-Ares-Mugardos

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA 477 inscritos 11:00 10 km 22/12/2015 3,00 500 plazas
Inscrición finalizada Total: 477 inscritos
Organizan: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de Atletismo

  • DATA: 27  DE DECEMBRO DE 2015. Proba incluída no calendario da FGA 
  • HORARIO: Saída ás 11 da mañá da Casa do Concello de Mugardos.
  • LUGAR: Pavillón polideportivo do Cristo concello de Mugardos.
  • DISTANCIA A PERCORRER:  10 km.(non homologados)
  • IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
  • CLASIFICACIÓN: A  clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité galego de xuíces.
  • INSCRICIÓNS: Ate o 22 de decembro na pasarela http://www.carreirasgalegas.com realizando un pago de 3 € . Número máximo de prazas 500.
  • DORSÁIS: Retirada de dorsais no mesmo Pavillón polideportivo do Cristo de 9:00 a 10:45 o día da proba. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á proba.
  • PERCORRIDO: Mugardos-Ares-Mugardos.
Ás 10’50 horas concentración previa a saída da proba na Avenida de Galicia diante do Concello de Mugardos,  dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, rúa María, avd. de Galicia, rúa Castelao,  logo tomar a Rúa dos Corzás dirección Ares (Ac130),  entrase na vila de Ares pola Avd. de Mugardos ate o Paseo marítimo onde se xira á esquerda, neste punto haberá un avituallamento  líquido, séguese o paseo marítimo ate que  se chega á Avd. Saavedra Meneses que se percorre ate o cruce do Mazote onde se xira á esquerda cara esta rúa. Ao rematar a Rúa do Mazote acadamos de novo a Avd de Mugardos dirección Mugardos pola Ac 130 ate o Cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entra á rúa do Cristo para rematar a proba fronte ao Polideportivo municipal de Mugardos. 

  • PREMIOS E AGASALLOS: Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.