Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

A Coruña, domingo, 18 de febreiro de 2018

X MEDIO MARATÓN C21

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MASTER 286 inscritos 10:00 21,1 km 10/02/2018 15,00 plazas
13/02/2018 25,00
SENIOR 102 inscritos 10:00 21,1 km 10/02/2018 15,00 plazas
13/02/2018 25,00
SUB 23 3 inscritos 10:00 21,1 km 10/02/2018 15,00 plazas
13/02/2018 25,00
SUB 20 0 inscritos 10:00 21,1 km 10/02/2018 15,00 plazas
13/02/2018 25,00
Inscribirme Total: 391 inscritos

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 18 de febreiro de 2018 o X Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros.

Inscricións:  desde o 10 de novembro de 2017 ata as 23:59 horas do 13 de febreiro de 2018.

Bonificacións: 50 % para persoas maiores de 65 anos, posuidoras do carné xove e desempregadas. Para acreditar estas circunstancias, é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento en que se marque a opción “solicito bonificación”, no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviarlle os documentos que se detallan a continuación á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico no seguinte enderezo:
info@carreirasgalegas.com
  • Persoas maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
  • Persoas con carné xove: fotocopia do DNI e do carné xove.
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego. 
O prazo para enviar os documentos por correo electrónico finaliza ás 00.00 horas do 12 de febreiro do 2017.

Enterga de dorsais e chips: Realizarase o venres 16 e o sábado 17 de febreiro. Informarase ás persoas corredoras inscritas do lugar e do horario da entrega.