Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

A Coruña, domingo 08 outubro 2023

X MARATÓN ATLÁNTICA CORUÑA 42 E CARREIRA POPULAR 10K - PROBA CANCELADA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
C42 5 inscritos 08:00 42,2 km 09/04/2023 30,00 plazas
03/09/2023 40,00
24/09/2023 50,00
01/10/2023 60,00
Proximamente Total: 5 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10K 14 inscritos 08:30 10 km 24/09/2024 7,00 plazas
01/10/2023 15,00
Proximamente Total: 14 inscritos
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 8 de outubro de 2023 na Coruña o X Maratón Atlántica Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluído no calendario nacional da RFEA. Realizarase, en paralelo, unha proba de 10 km.
A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano. 

CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA. 
INSCRICIÓN: ata as 23.59 horas do 1 de outubro de 2023. 
ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS:
Poderanse recoller, durante o desenvolvemento da ExpoRunning Coruña42, nos seguintes días e horarios:
  • Venres 6 de outubro de 2023, de 17.00 a 21.30 horas
  • Sábado 7 de outubro de 2023, de 10.00 a 20.00 horas. 
A bolsa do corredor/a recollerase conxuntamente co dorsal e por estrita orde de chegada. A organización non pode garantir o talle debido a que se realiza o pedido de camisetas con anterioridade ao peche de inscricións.