A Estrada, venres 24 xuño 2022

X ESTRANOITE 2022

Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo San Paio, Atletismo A Estrada e CAI A Estrada, organizan o venres día 24 de Xuño a X ESTRANOITE A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2022 nun circuito urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes duas voltas o mesmo. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.

INSCRICIÓNS: Ata o xoves día 21 de Xuño de 2022 as 23:59 horas. Haberá un límite de 600 inscritos na proba absoluta.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o día da proba nun local habilitado para á organización da carreira, a partir das 19:00 horas na zona de saída/meta, que será o punto de saída e chegada.