Vigo, domingo 16 outubro 2016

X CARREIRA POPULAR VIGO +11 “TROFEO EL CORTE INGLÉS”

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio de El Corte Inglés, e a colaboración do Concello de Vigo, organizan a 10ª  Carreira Popular VIGO +11 “Trofeo El Corte Inglés”, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal esquina Rúa Luis Taboada
Avituallamento para tódolos participantes na rúa Tomás A. Alonso, fronte a Barreras, e na rúa Venezuela antes de El Corte Inglés.
Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, cubrindo o Boletín de Inscrición en El Corte Inglés de Vigo,
Departamento de Deportes – Planta 5ª, de 11:00 a 21:00 h. Prazo de inscrición: Vía web ata o día 12 de outubro as 24:00.  Non admitíndose ningunha inscrición fóra de prazo, nin o mesmo día da carreira.
Entrega de dorsais e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 15 de outubro, desde as 11:00 ás 21:00 horas, na Planta 5ª e o día da Carreira na liña de meta a partir das 9:00.
Premios: Recibirán trofeo, os tres primeiros clasificados, tanto masculino como feminino, de cada categoría. Excepto prebenxamíns da que non se fará clasificación e recibirán un detalle en meta todos.
Premios en metálico (carreira 10,9 km):
300 € 1º absoluto masculino 1ª absoluta feminina
150 € 2º absoluto masculino 2ª absoluta feminina
100 € 3º absoluto masculino 3ª absoluta feminina
A proba está incluída no circuíto Run Run Vigo do Concello de Vigo.