O Concello da Coruña e a Fundación JuanSoñador colaboran na organización da X CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES “Trofeo José Antonio Varela Calviño”, dentro do circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2022, onde se integra a II CARRERA E ANDAINA SOLIDARIA # IMPORTAEMOITO, coa finalidade común de:
- Promover a participación da cidadanía nas carreiras pedestres.
- Poñer en práctica a través desta carreira as políticas públicas de respecto pola igualdade de xénero en todos os ámbitos e, neste caso concreto, no ámbito deportivo.
- Manifestar que a igualdade e a loita contra a violencia de xénero é algo de todas e todos, facendo unha carreira onde poidan participar mulleres, homes, nenas e nenos.
- Contribuír ao Proxecto Teranga Igualdade, a través de doazóns. Toda a información relativa á causa solidaria