PROBA APRAZADA
O Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA colaboran na organización da X CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES “Trofeo José Antonio Varela Calviño”, dentro do circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2020, onde se integra a II CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA #QUERÉMONOSVIVAS, coa finalidade común de:
- Promover a participación da cidadanía nas carreiras pedestres.
- Pór en práctica a través desta carreira as políticas públicas de respecto pola gualdade de xénero en todos os ámbitos e, neste caso concreto, no ámbito deportivo.
- Manifestar que a igualdade e a loita contra a violencia de xénero é algo de todas e todos, facendo unha carreira onde poidan participar mulleres, homes, nenas e nenos.
- Contribuír á loita contra o cancro a través de doazóns voluntarias que se destinarán á investigación contra esta enfermidade. Toda a información relativa a causa solidaria, publicarase nas páxinas web www.coruna.gal/deportes e www.coruna.gal/carreiraspopulares.
Todas as doazóns irán parar directamente á Fundación Emalcsa e estarán destinadas á investigación contra o cancro. A Fundación será a responsable de emitir un certificado
nominal da doazón realizada para os efectos fiscais.