Tordoia, sábado 13 xullo 2019

X CARREIRA POPULAR PEDESTRE "TORDOIA IN ESSENCE" 2019. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA ADULTOS 140 inscritos 21:10 6,85 km 11/07/2019 5,00 plazas
CARREIRAS MENORES 108 inscritos - - 11/07/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 248 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA ADULTOS 50 inscritos 20:15 6,85 km 11/07/2019 5,00 plazas
ANDAINA MENORES 7 inscritos 20:15 6,85 km 11/07/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 57 inscritos

A área de Deportes do Concello de Tordoia co control técnico da Federación Galega de Atletismo, organizan a Carreira Popular Pedestre “Tordoia in Essence” e a Andaina Popular 2019, o sábado 13 de xullo (sábado de tarde) a partir das 19:45 horas. 

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O Control das carreiras estará a cargo da organización.

A SAÍDA das probas terá lugar no Campo da festa de Cabaleiros (Seixán)
INSCRICIÓNS: Poderá realizarse ata o xoves 11 de xullo ás 23:59 horas
ENTREGA DE DORSAIS: Terá como tempo límite 30 minutos antes da proba e realizarase a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo (zona próxima ao peito), respetándose a publicidade existente neles.

Farase unha recolecta de material escolar para doar a Cruz Vermella de Ordes

HORARIO

Pitufo                 Nados en 2014 e posteriores 19:45 h 100 m
Prebenxamín Nados en 2012 - 2013                 19:55 h 300 m
Sub 10 e Sub 12 2010-2011 e 2008-2009         20:05 h 700 m
ANDAINA         Todas as idades                         20:15 h 6850 m
Sub 14 e Sub 16 2006-2007 e 2004-2005         20:40 h 1800 m
Sub 18                 2002 - 2003                                 21:10 h 6850 m
Sub 20                 2000 - 2001                                 21:10 h 6850 m
Sub 23                1997 - 1998 - 1999                     21:10 h 6850 m
Senior                1996 ata Máster                         21:10 h 6850 m
Máster 1        Nados/as entre 1979 e 1984 21:10 h 6850 m
Máster 2        Nados/as entre 1970 e 1978 21:10 h 6850 m
Máster 3        Nados/as entre 1960 e 1969 21:10 h 6850 m
Máster 4        Nados/as en 1959 e anteriores 21:10 h 6850 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 22:20 HORAS

PREMIOS E TROFEOS

  • Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados de cada categoría e sexo, e para o primeiro home e a primeira muller mellor clasificados empadroados no Concello de Tordoia da proba absoluta.
  • Tamén se outorgarán trofeos aos 3 primeiros clasificados da xeral absoluta (premios NON acumulativos).
  • No referente á ANDAINA, non haberá trofeos. Si que levarán, en cambio, como todos os participantes nas carreiras, unha camiseta commemorativa. Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.

REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA