A Pobra do Caramiñal, domingo 26 agosto 2018

X CARREIRA POPULAR CONCELLO A POBRA DO CARAMIÑAL. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. III CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE

O domingo 26 de agosto terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a 10ª edición da Carrreira popular deste Concello, que será á súa vez a 1ª proba do

Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2018. Esta proba pertence tamén ao VI Circuito provinicial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo e seguirán o seguinte regulamento:

INSCRICIÓN: O prazo permanecerá aberto ata o xoves 23 de agosto ás 14horas.

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal ata media hora antes do inicio de cada carreira.

SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS: A saída das probas estará ubicada na rúa da Paz. A meta estará ubicada no interior da Praza Alcalde Segundo Durán na localidade de A Pobra.

SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS

  • Haberá servizo de duchas e vestiarios no Edificio de Usos Náuticos.
  • A organización disporá dos servicios médicos obrigatorios, seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil e servizo de fisioterapia na

zona de chegada.

REGULAMENTO DO CIRCUÍTO DIPUTACIÓN