A Coruña, domingo 14 abril 2019

VIII MARATÓN ATLÁNTICA CORUÑA 42 - CTO DE GALICIA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MARATÓN C42 647 inscritos 08:30 42,2 km 31/03/2019 25,00 plazas
07/04/2019 40,00
Inscrición finalizada Total: 647 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CAMPIONATO 168 inscritos 08:30 42,2 km 07/04/2019 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 168 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10 KM 1369 inscritos 08:45 10 km 31/03/2019 5,00 plazas
07/04/2019 15,00
Inscrición finalizada Total: 1369 inscritos
XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL


O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 14 de abril de 2018 2019, o VIII Maratón Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario nacional da RFEA. Paralelamente, realizarase unha proba de 10 km. 
 
CIRCUÍTO: O percorrido para a carreira de Maratón está situado no centro urbano da cidade da Coruña. Tanto o circuíto da carreira de Maratón (42.195 m), como o da carreira simultánea de 10 km están homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). 
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.  
INSCRICIÓNS: As inscricións populares realizaranse ata o día 7 de abril ata as 23:59h. As inscricións gratuítas para o Campionato de Galicia terán que realizarse exclusivamente a través do sistema online da RFEA ata as 23.59 do 7 de abril de 2018 (Circular do Campionato)

Bonificacións na C42: 50% para persoas maiores de 65 anos, posuidoras do Carné Xove e desempregadas. Para acreditar estas circunstancias, é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial e enviarlle os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@carreirasgalegas.com ata as 23:59 h do 31 de marzo de 2019.
 
  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
  • Posuidoras do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou unha fotocopia da tarxeta de desemprego.
O prazo para enviar os documentos por correo electrónica remata ás 23:59 h do 31 de marzo de 2019
 
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: A entrega de dorsais e chip realizarase os seguintes días, no horario e lugar indicado:
  • Venres día 12 en horario de 17:00 a 21.30 horas
  • Sábado día 13 de 10:00 a 21:30 horas.
Lugar: Planta 7ª do Corte Inglés da Rúa Ramón e Cajal nº 57
Tamén poderán recollerse os dorsais o propio día da carreira na zona de meta na Praza de María Pita, desde as 07:00 horas. Rógase aos participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.