San Sadurniño, domingo 04 xuño 2023

VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

A Carreira Popular de San Sadurniño terá lugar no Paseo Fluvial do río Xubia de San Sadurniño e Finca A Cortiña (lugar de Bidueiro. San Sadurniño).

A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA). 2.“Proba oficial da FGA con distancia non homologada”. A proba está aberta a todos e todas os atletas federados ou non, sen distinción.

INSCRICIÓN:  O prazo de inscrición remata o 26 maio ás 23:30h. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o mesmo día no lugar da proba. Haberá unha carpa habilitada para a retirada dos dorsais e chips.

O horario de retirada será:

  • Carreira Absoluta. De 9:10 a 11:15 horas
  • O resto das categorías ata 40 minutos antes do inicio de cada proba.