O Corgo, domingo, 23 de outubro de 2016

VIII CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO". MEMORIAL QUIQUE CASANOVA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 187 inscritos 11:30 5,3 km 20/10/2016 3,00 plazas
CADETE -XUV 16 inscritos 11:00 3,55 km 20/10/2016 0,00 plazas
ALEV - INF 39 inscritos 10:40 1,8 km 20/10/2016 0,00 plazas
BENXAMÍN 28 inscritos 10:35 0,32 km 20/10/2016 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 51 inscritos 10:30 0,32 km 20/10/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 321 inscritos
Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo 
Colabora economicamente: Concello do Corgo.
Colabora técnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
Outros colaboradores: Coca Cola, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo, Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno...

A VIII Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo.

INSCRICIÓN: O último día para facer a inscrición será o xoves, día 20 de outubro ás 23:59 h. (Prazo ampliado)
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos.
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
8. Ambulancia con médico 

PREMIOS
  • Prebenxamín e benxamín: trofeo para o primeiro de cada categoría, medalla especial para o segundo clasificado (diferenciando homes e mulleres) e medallas para o resto de participantes. Camisetas para todos.
  • Alevín, infantil, cadete e xuvenil: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para todos.
  • Iúnior, promesa, senior e veteranos: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para os 150 primeiros.
  • Carreira absoluta (5300 m):
Primeiro: 100 €
Segundo: 75 €
Terceiro: 50 €

  • Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
  • Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade.