A Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrará o venres 9 de xuño de 2023.
Poderán participar atletas federados e non federados. Realizarase unha clasificación conxunta. Esta proba está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.
LUGAR DE SAIDA: O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feira Internacional de Galicia en Silleda - Pontevedra (ver plano anexo)
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición rematará o día 7 de xuño as 20:00 horas non admitíndose baixo ningún concepto, inscricións fora do prazo.s.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS: A retirada de dorsais e chips realizarase o día 9 de xuño dende as 18:00 horas nas inmediacións da liña de saída.
PREMIOS E AGASALLOS
• Tod@s @s participantes da categoría Pitufos recibirán un diploma.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV recibirán trofeo.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán un trofeo.
• Trofeo para o atleta mais veterano.
• Trofeo a atleta local mellor clasificado.
• Medalla para tod@s os participantes.
Os trofeos non son acumulativos, salvo os de mellor atleta local.