Carballo, domingo 17 xuño 2018

VIII CARREIRA POPULAR 10KM CONCELLO CARBALLO. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Carballo organiza o “10K CARBALLO. VIII Carreira Popular Concello de Carballo”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) cunha distanza homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.

Entidades Colaboradoras: Colaboran na organización da proba a FGA, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e as entidades deportivas do Concello de Carballo que desexen formalizar a mesma.
Participantes: No “10K CARBALLO. VIII Carreira Popular Concello de Carballo”, pode participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada.
Inscricións: Admítense ate o día 13 de xuño de 2018 ou ata acadar as 1250 prazas nas categorías Senior e Veteráns, e as 750 no resto de categorías, respectivamente. 
Entrega de dorsais: Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto no edicicio do Mercado da Praza do Concello nas seguintes datas e horarios:
  • O día da carreira entre as 8:00 h e ate 20 minutos antes da saída de cada categoría.
  • En recollida anticipada no horario e lugar que se comunicará ós inscritos unha vez rematado o prazo de inscrición