Zas, sábado 03 xuño 2023

VIII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS. VIII CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE. IX CIRCUÍTO DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2023

O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2020 e anteriores).