RECADACIÓN SOLIDARIA DESTINADA Á FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL - FEGADACE. De cada inscrición destinarase 1 euro á FEGADACE
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Cultura, organiza o martes 17 de maio de 2022 a VIII edición da Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá dende o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura. A maiores da proba de 15 qm, farase unha proba de 5 qm no entorno da Cidade da Cultura, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes.
Esta Carreira, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.
INSCRICIÓNS: Abertas ata o xoves 12 de maio ás 23.59 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido. Cada inscrición 1 euro irá destinado a Federación Galega de Dano Cerebral – FEGADACE .
DORSAIS: A entrega dos dorsais realizarase na sede de Bonaval Car na Rúa do Cruceiro 99 (Carretera de A Coruña ) nos seguintes días e horarios:
- Luns 16 de maio de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.00 horas.
SAIDAS:
- 15 QM: A partir das 10.00 horas
dende as proximidades do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 qm ao longo da Ruta
da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.
- 5 QM: Ás 10:05 da Cidade da
Cultura con percorrido polo Gaias e o Bosque de Galicia seguindo un circuíto de 5 qm.
SERVIZO DE AUTOBUSES PARA A PROBA DE 15 QM: OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:30 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS . Seguirase sempre o protocolo covid-19 establecido para o transporte público.