As Pontes, domingo 31 decembro 2017

VII SAN SILVESTRE PONTESA 2017

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA ABSOLUTA 174 inscritos 12:15 5 km 28/12/2017 3,00 plazas
CARREIRAS MENORES 146 inscritos - - 28/12/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 320 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ANDAINA 69 inscritos 12:20 2,5 km 28/12/2017 3,00 plazas
ANDAINA MENORES 46 inscritos 12:20 2,5 km 28/12/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 115 inscritos
O Club Atletismo Olympo, organiza o vindeiro 31 de decembro de 2017 a VII San Silvestre de As Pontes, que se celebrará sobre unha distancia aproximada de 5 km en ruta. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuízes da Federación Galega de Atletismo.

Lugar de Saída: Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María) 
Distancia: Dende 75 a 5000 metros aproximadamente
Inscricións: ata o 28 de Decembro as 23:59
Recollida de dorsais: farase o mesmo día da proba ata 30 minutos antes da saía da Carreira, no interior do Mercado Municipal

Trátase dunha proba eminentemente festiva, para disfrazarnos e divertirnos para despedilo ano e dar a benvida ao 2018, polo que a organización agradece e premia que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba.

Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados. A Saída e Chegada farase na Rúa Alexandre Bóveda (diante do Colexio Público Santa María), comezando polas categorías menores.
Horarios:
11:00 Biberón Nados entre o 2014 e 2017 75 m aprox 1 Volta A
11:05  Prebenxamín Nados entre o 2011 e 2013 150 m aprox 2 Voltas A
11:10 Benxamín (Sub 10) Nados no 2009 e 2010 500 m aprox 1 Volta B
11:20 Alevín (Sub 12) Nados no 2007 e 2008 800 m aprox 1 Volta C
11:30 Infantil (Sub 14) Nados no 2005 e 2006 1000 m aprox 2 Voltas B
11:45 Cadete (Sub 16) Nados no 2003 e 2004 1600 m aprox 2 Voltas C
12:00 Xuvenil (Sub 18) Nados no 2001 e 2002 2500 m aprox 1 Volta D
12:15 Absoluta Nados dende o 2000 e anteriores 5.000 m aprox 2 Voltas D
12:20 Andaina Para todas as idades 2.500 1 Volta D

Premios:
  • Haberá premio para os 3 primeiros/as de cada categoría excepto para os biberóns, que haberá medalla para todos os chegados a meta.
  • Premio ao mellor disfraz das categorías infantís individual
  • Premio ao mellor disfraz da categoría individual Absoluta
  • Avituallamento final para todos os participantes.
  • Non entrarán en concurso os disfraces comprados, valorarase a imaxinación dos participantes.