Nigrán, sábado 11 agosto 2018

VIII NIGRÁN AREA 2018

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 278 inscritos 11:00 6 km 09/08/2018 6,00 plazas
SUB 16 32 inscritos 10:00 2 km 09/08/2018 0,00 plazas
SUB 14 47 inscritos 10:15 1,5 km 09/08/2018 0,00 plazas
SUB 12 81 inscritos 10:30 1 km 09/08/2018 0,00 plazas
SUB 10 83 inscritos 10:40 0,5 km 09/08/2018 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 73 inscritos 10:45 0,3 km 09/08/2018 0,00 plazas
PITUFOS 78 inscritos 10:50 0,1 km 09/08/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 672 inscritos

A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o día 11 de agosto do 2018 o VIII Nigrán Area de atletismo pola area,que dará comezo as 10:00h.
Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas. O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO: Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
INSCRICIÓNS: O prazo remata o xoves 9 de agosto ás 22 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira)
PREMIOS: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín/Sub 12 ata Cadete/sub 16 e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns/Sub 10 ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.
SERVIZOS.
  • Avituallamento o fin da carreira.
  • Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
  • Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón.