A Coruña, domingo 15 abril 2018

VII MARATÓN ATLÁNTICA CORUÑA 42 - CTO DE GALICIA.

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
MARATÓN C42 812 inscritos 08:30 42,2 km 01/04/2018 25,00 plazas
08/04/2018 40,00
Inscrición finalizada Total: 812 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CAMPIONATO 209 inscritos 08:30 42,19 km 01/04/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 209 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10KM 1466 inscritos 08:45 10 km 01/04/2018 5,00 plazas
08/04/2018 15,00
Inscrición finalizada Total: 1466 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: realizarase no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City os seguintes días:
  • Venres día 13 en horario de 17:00 a 21:30 horas
  • Sábado día 14 de 10:00 a 21:30 horas.

Tamén se poderán recoller os dorsais o propio día da carreira na zona de meta na praza de María Pita, desde as 07:00 horas. Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións. 


O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 15 de abril de 2018, o VII Maratón Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario nacional da RFEA. Paralelamente, celebrarase unha proba de 10 km. 
 
CIRCUÍTO: O percorrido para a carreira de Maratón está situado no centro urbano da cidade da Coruña. Tanto o circuíto da carreira de Maratón (42.195 m.), como o da carreira de 10 km. están homologados pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A). 
 
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA.