A Estrada, domingo 02 decembro 2018

VII CROSS RIO LIÑARES. VI CIRCUÍTO “CORRE A ESTRADA CORRE"

O Concello da Estrada, organiza o vindeiro domingo día 2 de decembro a partir das 11horas, o VI Cross Rio Liñares, terceira e derradeira carreira puntuable para o VI Circuito Corre A Estrada Corre.
A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia aproximada na carreira absoluta de 5.000 metros.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en tres circuitos: un de 400 metros (Circuito A) outro de 500 metros (Circuito B) e outro de 1600 metros (Circuito C), todos eles pechados e balizados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos clubs atléticos do Concello e dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.

INSCRICIÓNS: Ata o xoves día 29 de novembro de 2018 as 23:59
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS: Realizarase o día da proba nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla, no lugar habilitado para á organización da carreira, a partir das 9:30 horas.