Santiago de Compostela, sábado 03 novembro 2018

VII CORRESAN RUTA DOS PARQUES

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 571 inscritos 17:00 6,1 km 31/10/2018 6,00 plazas
ESCOLARES 2 136 inscritos 18:00 2,6 km 31/10/2018 0,00 plazas
ESCOLARES 1 128 inscritos 17:45 1,4 km 31/10/2018 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 835 inscritos
SAÍDA DAS PROBAS:
A saída da proba absoluta (xuvenil e superiores) farase desde a Cidade da Cultura de Galicia, diante da cafetería. Para elo seredes trasladados desde o lugar de meta (Parque Eugenio Granell (Restollal) en autobuses a partir das 16.15 horas).
A saída das probas escolares será desde o propio Parque.
ENTREGA DE DORSAIS: Farase na liña de meta, atención!!. No parque Eugenio Granell e antes de coller o autobuses.
TRASLADO DE ATLETAS ADULTOS NA PROBA ABSOLUTA: Farase en autobús desde o Parque Eugenio Granell a partir das 16:00 horas.
SERVIZO DE ROUPEIRO: Na liña de meta, e na liña de saida haberá servizo de roupeiro.
SERVIZO DE DUCHAS:  de 16:30 a 20:00 horas no polideportivo municipal de PONTEPEDRIÑA.
ENTREGA DE MEDALLAS AOS GAÑADORES DA PROBA ABSOLUTA E DE CADA CATEGORÍA ESCOLAR: Farase a partir das 18.45 horas no Parque Eugenio Granell.

É un pracer presentarvos a “VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2018, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.