REPARTO DE DORSAIS: farase no lugar de saida / meta da proba ata media hora antes do inicio de cada unha das probas.
SERVIZO DE DUCHAS: dispoñible no pavillón Santiago Apóstolo en horario de 16:00 a 19:00 horas.
Lembrade que podedes estacionar os voso vehículos no parking de Belvís ou no parking de La Salle a escasos 200 metros da saída (ambos).
É un pracer presentarvos a “VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2018, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.
O circuíto CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo ou popularmente coñecido “running”.